
Segundo explicou Quique Alvarellos, representante dos editores no evento "trátase dunha SELIC adaptada, non pequena", se ben a organización recoñeceu unha menor presenza de autores foráneos por mor da situación sanitaria, que levou tamén a tirarlle peso ás sesións de sinaturas e a limitar a capacidade dos actos previstos.
Ata unha ducia de roteiros como os dedicados a Carballo Caleiro, á Compostela da República, á presenza da cidade no teatro, a Federico GarcÃa Lorca, ás Irmandades da Fala ou a Isaac DÃaz Pardo fan parte do programa, que inclúe ademais oito presentacións, tres sesións de sinaturas, oito actuacións, sete coloquios e dúas exposicións. Entre os autores que participan do evento están Ledicia Costas, Xosé Carlos Carracedo Porto, MarÃa Eiras, Antón Riveiro Coello ou RosalÃa Fernández Rial.
Pola súa banda, as restricións ás que se está sometida a cidade de Ourense por mor da situación sanitaria levaron a que por vez primeira a Feira do Libro, prevista para esta semana, pase a formato virtual. Deste xeito, a partir deste 7 de outubro, as redes sociais da Federación de LibrarÃas de Galicia acollerán retransmisións das actividades do programa, mentres que serán as librarÃas da cidade os espazos nos que se poderán adquirir tÃtulos. Nesta primeira xornada desenvolveranse, a partir das 18 horas, presentacións a cargo de Marcos Viso, Arancha Nogueira e Carlos da Aira. As actividades continuarán ata o vindeiro dÃa 10 cun total de 23 presentacións previstas.
***Actualizado ás 15:30***