Os xurados de varios galardóns literarios deron a coñecer os seus fallos nas pasadas horas, facendo coincidir en tempo tres certames e ata catro nomes de autores que resultan premiados. O máis veterano dos galardóns, o premio Antón Losada Diéguez á obra xa editada que vai pola súa XXXVª edición, organizado polos Concellos de Boborás e o do Carballiño deu hoxe a coñecer o nome dos seus dous premiados nas categorÃas literaria e de ensaio e investigación. No campo de Creación Literaria resultou premiada por maiorÃa o libro Os dÃas felices de Benvido Seixas do autor Eduard Velasco (Ed. Xerais). No partado de Ensaio e Investigación o xurado, tamén por maiorÃa, decidiuse pola obra Unha nación no mundo. A razón resistente (1480-2010) de Camilo Nogueira (Ed. Xerais), o ex-polÃtico é un autor que repite neste certame. O xurado considerou que este ensaio de Camilo Nogueira "é o derradeiro elo dunha triloxÃa adicada a Galicia como nación no mundo: unha interpretación suxestiva que se basea nun importante coñecemento e reflexión da Galicia dos últimos cinco séculos". Ambas categorÃas están dotadas con 6.000 euros cada unha delas e a entrega do premio será o vindeiro 7 de novembro de 2020 no Pazo de Moldes.
Outro premio literario, neste caso a orixinais inéditos, o XXI Premio Risco de Creación Literaria do Concello de Ourense foi parar este ano a Xesús Manuel Marcos (Seoane do Courel, 1967) pola súa obra Lousas. O xurado valora "a historia que conta, que á vez son moitas historias, fálanos de algo próximo, recoñecible, e lévanos a pensar sobre as condutas humanas e os intereses que as moven”. Recoñécelle o xurado a forma na que está narrada: “Eficaz, quere isto dicir ao servizo da historia, e non de quen a escribe", pero tamén destaca a súa "estrutura, o tempo literario, a precisión da linguaxe, as maneiras de contar e suxerir para que todo flúa nunha lectura capaz de seducirnos ata o final". En definitiva, reza o fallo do xurado, "unha novela madura, correcta, ben feita, que nos devolve ao pracer da lectura". Xesús Manuel Marcos recibirá 6.000 euros e a publicación da obra, editada polo Concello de Ourense. Presentáronse ao premio literario 10 orixinais, dos que dous foron desbotados por viren defectuosos.
Tamén nesta xeira de fallos literarios deuse o da primeira edición do Certame Filomena Dato de poesÃa, convocado desde o concello de Bergondo este ano como novidade. A poeta e actriz pontevedresa Lorena Conde MartÃnez (Ponte Sampaio, 1980), resultou a gañadora grazas á obra Ave do ParaÃso, un poemario que a ollos do xurado posúe "potencia na construción" e "múltiples referencias culturais, literarias e artÃsticas". O premio está dotado con 2.000 euros e a publicación a cargo da editorial Apiario dunha tirada de 700 exemplares. Un total de cincuenta e dous orixinais presentáronse nesta primeira edición do certame.