Entre os vindeiros 10 e 18 de outubro Compostela acollerá a 25 edición do Festival Galicreques. A consolidada cita dedicada aos tÃteres celebra este aniversario cunha xeira inevitablemente adaptada á situación sanitaria mais cun programa que "cumpre as espectativas dun ano normal", segundo destacou o director da Agadic, Jacobo Sutil, na presentación do evento. O Concello de Santiago acollÃa esta mañá a rolda de prensa na que se adiantaron as novidades dunha edición que, segundo o director do festival, Jorge Rey, "será unha festa, tanto na programación como no encontro co público".
En total o encontro reunirá vinte e sete compañÃas, coas estreas de dos últimos de traballos de Moving Compass (Gaia Baba), do mexicano VÃctor Biau (El hombre que plantaba árboles), dos portugueses Krisálida (Plastikus) ou do combo formado por Spaguetti TÃteres e Mircromina Teatro, que adaptan en Miragres as Cantigas de Afonso IX á linguaxe dos tÃteres. Canda a eles, o programa inclúe actuacións como as de Marionetas Rui Sousa, de Portugal, TÃteres Alakrán, Fantoches Baj, ART-Monium, SofÃa Ferrari, Panta Rei, Teatro Arbolé ou A Xanela do MaxÃn entre outras propostas.
En total serán 40 funcións as que se desenvolverán no marco deste programa que organiza a Asociación Barriga Verde co apoio do Concello de Santiago, a ConsellerÃa de Cultura e Educación a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Deputación da Coruña e do Instituto Nacional de Artes Escénicas y de la Música (Inaem).
A pandemia déixase sentir nesta xeira na presenza de compañÃas internacionais no programa, xa que a mesma será vÃa web. Do mesmo xeito, tamén a programación escolar vai se desenvolver de xeito virtual, cunha selección de obras especialmente axeitadas para a súa retransmisión e visionado nas aulas dos centros educativos. Deste xeito, achegaranse aos centros de ensino entre o 12 e o 16 de outubro, en horario de mañá, actuación de compañÃas de Ecuador, Arxentina, Uruguai, Venezuela e Galicia.
A maiores, e para alén da habitual sede no Teatro Principal, o festival aposta de xeito particular polos espazos abertos para esta xeira. Unha grande carpa na Alameda será un dos espazos destacados da programación, que tamén se desenvolverá na Fundación SGAE, nos Centros Socioculturais do Concello e en varias prazas da cidade.
***Nova actualizada ás 15:40***