Ricardo Carvalho Calero, Orador. Discursos e leccións é o tÃtulo do volume que o Parlamento de Galicia presentaba este 1 de outubro. A obra lembra en máis de duascentas páxinas a faceta do homenaxeado no DÃa das Letras Galegas como conferenciante mediante unha escolma de textos a cargo de Pilar GarcÃa Negro. A coincidir coa presentación do libro, tamén se inaugurou unha exposición bibliográfica encol do autor na que se inclúen materiais da súa biblioteca persoal, que doou ao Parlamento de Galicia após a súa morte. Artellada tamén por GarcÃa Negro, a mostra recolle medio cento de libros e unha vintena de documentos entre os que se inclúen o carné de socio do Seminario de Estudos Galegos de Carballo e dúas cartas de Otero Pedrayo, entre outros materiais.