Quiosco: Ligeia 3

A publicación de literatura, xornalismo e investigación remata o seu percorrido con esta entrega

1/10/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: literaturaquiosco
54 lecturas | Compartido 0 veces

A revista Ligeia presentou este mes de setembro o seu terceiro e derradeiro número. A publicación remata o seu percorrido logo de dous anos cun volume no que se mantén fiel ao seu epígrafe de "literatura, xornalismo e investigación". A literatura infantil e xuvenil ten un especial protagonismo na entrega con textos de María Reimóndez, Eva Mejuto, Carlos Negro, Estíbaliz
Espinosa, Xavier Estévez, Antía Yáñez e Berta Dávila sobre a cuestión ademais dunha análise sobre a crítica literaria neste campo a cargo de Armando Requeixo. Textos dos poetas sudamericanos Bibiana Bernal, Adalber Salas e Winston Morales e de portugueses como Gisela Casimiro, André Nogueira, Maria Azenha, Judite Canha Fernandes ou Beatriz Guimarães entre outros fan parte dos contidos do número. Canda a eles, o volume, dispoñible en liña, recolle traballos de Lois Alcayde Dans, Rosalía Fernández Rial, Carlota Solarat ou Gabriel Fuentes entre outros nomes.

Universo culturagalega.gal

16/11/2018

Quiosco: Ligeia 2

A revista literaria presenta unha selección de 27 poetas latinoamericanos na súa segunda entrega

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego