Cinco escritores galegos inauguran a oferta de presentación dunha editorial portuguesa

Portugal mira ao norte

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
"Bebendo o mar", de Xavier Queipo, "Erros e Tánatos" de Gonzalo Navaza, "Perigo Vexetal" de Ramón Caride con ilustracións de Miguelanxo Prado, "¡Como está o galiñeiro!", de Marta Álvarez e "O elefante que non era elefante", de Marta Rivera son os títulos de autores galegos elixidos pola editorial portuguesa Deriva para comezar a súa andaina no mercado luso. O editor Luís Catarino de Deriva defende esta elección porque ao seu ver "a literatura galega está a dar moitas sorpresas e en Portugal é completamente descoñecida". Catarino amosou interese por publicar tamén obras de Suso de Toro, Xosé Fernández Ferreiro e Antón Lopo.

Máis información en A Nosa Terra

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito