A vixésimo cuarta edición do premio Avelina Valladares de PoesÃa, que convocan o Concello da Estrada e mais a Asociación de Consumidores e Amas de Casa Avelina Valladares foi para Xosé Luna. O autor, que xa recibira o galardón na edición de 2003 do certame, viu recoñecida polo xurado a súa obra O tempo entre as mans. O fallo destaca "a coherencia e o emprego dun léxico rico, variado e moi ben escollido" deste traballo ademais de sinalar que o autor "recupera palabras pouco habituais, seleccionadas polas súa sonoridade e connotacións. Fai referencia a diferentes lugares da contorna estradense e dos territorios máis cercanos", a apuntar que "moitos do seus poemas teñen unha forte carga emotiva e sentimental, adicados a figuras cercanas como a nai, ou pequenos momentos que marcan fitos importantes na vida da voz poética". Luna recibirá un premio en metálico de 2.000 euros.
O xurado desta xeira estivo formado por Gumersindo Villamayor MartÃnez, Rosalia Morlán Vieites, Ernesto David Otero Fernández e Dolores Araujo Arias como secretaria.
O xurado desta xeira estivo formado por Gumersindo Villamayor MartÃnez, Rosalia Morlán Vieites, Ernesto David Otero Fernández e Dolores Araujo Arias como secretaria.