Series, fútbol e poliamor: tres conceptos para discutir sobre a liberdade

O CCG organiza un Festival de Filosofía

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Series, fútbol e poliamor: tres conceptos para discutir sobre a liberdade

Hai mesas redondas, pero tamén hai espectáculos. “Hai unha idea errónea de que a filosofía e o pensamento en xeral responden á imaxe do pensador de Rodin, da persoa illada en si mesma, pero pensar é compartir ideas, conceptos, experiencias mesmo en momentos lúdicos e isto é o que buscamos neste primeiro Festival de Filosofía”, explica Carme Adán, coordinadora da Sección de Pensamento do CCG. Os vindeiros 25 e 26 de setembro celebrarase en diferentes espazos da cidade de Santiago o Festival de Filosofía, que baixo o título de "Libres. En serio???", quere discutir sobre os seus límites e natureza no tempo das redes dixitais. Desde unha mesa redonda sobre series na que participará o director Pepe Coira e a directora de cine Sonia Méndez, moderados por África López Souto ata outra charla titulada "Tinder, poliamor e outras formas de amar", coordinada por Inma López Silva, e na que participarán Valérie Tasso e Francisco Castro. Pola súa banda, os xornalistas Rafa Cabeleira e Lucía Taboada falarán sobre fútbol, moderados por Celia Pereira. Obras de teatro completan o evento, para o que preciso rexistrarse electronicamente.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Filosofía, Pepe Coira, África López Souto, Francisco Castro...