Compostela celebra a traxectoria do escritor Vítor Vaqueiro

A AELG organiza a homenaxe "O escritor na súa terra - Letra E"

A AELG organiza a homenaxe
O escritor Vítor Vaqueiro. Foto: Eduardo Castro Bal (Ollo de Vidro-ACAB) (2016)/AELG
Este sábado Santiago de Compostela acolle a celebración dos actos de homenaxe a Vítor Vaqueiro que organiza a Asociación de Escritores en Lingua Galega dentro do evento anual "O escritor na súa terra". Vaqueiro, escollido pola asemblea de socios da AELG coa letra E, descubrirá un monólito no parque de Galeras ás 11.30 e posteriormente no Pazo de Raxoi realizarase a entrega da letra E, cun discurso de gabanza a cargo do tamén escritor Xabier Paz. Poeta, fotógrafo e especialista na historia da fotografía galega, así ensaísta sobre mitoloxía tradicional, Vítor Vaqueiro é un autor dunha dilatada traxectoria e activismo cultural.