O que estaba considerado como un dos pioneiros da oceanografÃa a nivel mundial, o compostelán Fernando Fraga RodrÃguez, falecÃa o pasado sábado 12 de setembro aos 98 anos de idade na súa casa de Nigrán. Fraga, nado en 1922 fora titular do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo e participou en máis de quince campañas de investigación por mares de todo o mundo. Destacou de xeito particular polos seus estudos sobre bioquÃmica do mexillón, a dinámica das masas de auga, a circulación nas rÃas ou na costa galega ou a presenza do nitróxeno nos océanos.
Entre os recoñecementos que recibiu ao longo da súa dilatada carreira, que non abandonou nin sequera logo da súa xubilación, destacan a Medalla de Galicia de 1992, o Premio Iberoamericano en Ciencias Mariñas ou o Premio Antonio Casares y Rodrigo de Investigación CientÃfico-Técnica. Fraga ingresou en 1987 na Real Academia Galega de Ciencias cun discurso sobre "OceanografÃa da plataforma galega".