"Todo comezou pola nosa paixón polo deseño, a ilustración e a lectura e a nosa inquietude por crear contido didáctico e informativo en diferentes linguas para os nenos e nenas". Asà se presenta Raposerias Editorial, un selo nado durante o confinamento que bota a andar coa colección Eu nas vangardas, unha serie de libros de actividades que quere achegar estas formas artÃsticas ao público máis novo. O primeiro volume desta proposta, dedicado ao cubismo, está en prevenda, con diferentes packs promocionais, e pódese reservar na páxina da editora ata o vindeiro mes de novembro.