O Centro Dramático Galego deu por rematado o proceso de selección de actrices e actores para o que serán as súas producións propias de 2020 e 2021: O charco de Ulises, Terceiro acto e Serva me servabo te. Vinte nomes de intérpretes, once mulleres e nove homes, conforman a lista de elencos destas tres producións que ven de sufrir unha modificación de última hora coa renuncia de Belén Constenla a participar nun dos dous espectáculos nos que fóra elixida, O Charco de Ulises polo risco que pode supoñer compartir elenco en dúas obras, estando ao mesmo tempo en Terceiro acto, onde ´si manterá a súa participación. O CDG quixo destacar o xesto responsable e solidario da actriz cara o sector “demostrando, con esta decisión, o seu enorme compromiso coa profesión”, di o tribunal no acordo de modificación polo cal tamén designa a Mónica Caamaño en substitución de Constenla para a obra O charco de Ulises Ademais delas dúas a listaxe de intérpretes inclúe outros moitos nomes coñecidos entre os tres espectáculos como son os de Manuel Millán, Santi Prego, Eduardo Cunha 'Tatán', Mabel Ribera, Roberto Leal ou a bailarina Olga Cameselle, entre outros.
Contratación directa de Pálido Domingo
Ademais destes vinte intérpretes que accederon a través do xa habitual proceso de convocatoria aberta, cos seus múltiples requisitos e probas a superar, no espectáculo Serva me Servabo te, a produción contará tamén cos integrantes da compañÃa Pálido Domingo, que ademais estará encargada de varias tarefas artÃsticas. Esta compañÃa conformada por Belén Bouzas e os irmáns Fran MartÃnez e Diego M. Buceta foi contratada pola Agadic directamente nun procedemento negociado sen publicidade por un total de 62.312,39 euros para a execución de varias áreas artÃsticas da produción do espectáculo entre os que se inclúen a dirección, dramaturxia, coreografÃa, escenografÃa, iluminación e audiovisuais, asà como a contratación do colectivo de Pálido Domingo como intérpretes, segundo consta no procedemento dispoñible na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia desde o pasado 10 de xuño. Este tipo de contratación é coincidente co que no seu momento se deu no CDG coa compañÃa Chévere en 2017 para o espectáculo Divinas Palabras Revolution (2018), que implicaba ademais de ao director do espectáculo aos dous intérpretes principais e as tarefas artÃsticas. Naquel momento ese xeito de contratar directamente a unha parte do elenco fixo que desde a Asociación de Actrices e Actores de Galicia (AAAG) se puxese en dúbida que unha obra asà organizada puidese ser considerada como unha produción propia da Unidade de Produción Teatral de AGADIC en estrito senso, senón como produción externa contratada. Naquel momento a asociación sindical de intérpretes vÃa naquela contratación un sinal de externalización de servizos que sentaba un "perigoso precedente", establecendo dous réximes contractuais diferentes dentro dun mesmo equipo.