
"Esta peza lémbrame un álbum de fotografÃas ao que lle arrincaron unha" comeza dicindo o contacontos Celso Fernández SanmartÃn sobre a obra A memoria do álbum. 1 do fotógrafo Manuel Sendón (A Coruña, 1951). Para o narrador lalinense, "a nivel plástico esa abstracción é moi suxestiva porque a memoria é moi imaxinativa e a cabeza sempre quere saber que foto debÃa haber aà para completar o relato". Aproveita asà para contar dúas emotivas historias que lle evoca esta peza.
Atalaia
A plataforma Atalaia acolle unha ampla mirada panorámica da obra de 74 artistas, cunha numerosa selección de obras. Pinturas, esculturas, fotografÃas ou instalacións coas súas respectivas fichas técnicas, que se complementan coa información de exposicións, actividades e publicacións relacionadas de arte contemporánea e un directorio de espazos expositivos. Atalaia dispón tamén de itinerarios, visitas guiadas aos fondos da base de datos por parte de comisarios que introducen o visitante nas caracterÃsticas das obras de arte seleccionadas. Unha forma de divulgación para introducir aos usuarios nas tendencias e caracterÃsticas da arte contemporánea galega actual.