Na procura dun sistema audiovisual máis diverso e plural a Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG), en colaboración coa Fundación SGAE ven de abrir o prazo de solicitudes para participar nas TitorÃas AGAG para mulleres guionistas. Esta iniciativa que se desenvolvera en liña durante seis meses nace cos obxectivos de: promover a presencia de mulleres guionistas no audiovisual galego, apostar polo novo talento feminino no eido do guión, asesorar e dar a coñecer os proxectos das creadoras galegas, de calquera idade, con e sen experiencia profesional. AGAG seleccionará un total de 6 autoras: 2 na categorÃa de longametraxe, 2 na categorÃa de serie e 2 na categorÃa de programa de televisión. As titorÃas consistirán nunha reunión mensual (ata un total de 6) para acompañar o proceso de escritura dos proxectos seleccionados e aconsellar ás súas autoras desde un punto de vista profesional. Os titores e titoras desta edición serán anunciados nas vindeiras semanas. Poderán participar todas as mulleres maiores de idade, de nacionalidade española ou residencia en España, cun proxecto orixinal en galego, de temática libre, para longametraxe, serie, ou programa de televisión.
Desde a Asociación Sindical Galega de Guionistas fan referencia a un estudo publicado en outubro de 2019 polo Observatorio da Cultura do Consello da Cultura Galega sobre a situación das traballadoras do audiovisual e das artes escénicas en Galicia que puxo de manifesto a desigualdade entre homes e mulleres nestes sectores. No caso do audiovisual, a situación é especialmente grave en postos como dirección, fotografÃa e guión. Na AGAG decláranse conscientes da importancia das historias e das voces dos seus creadores e creadoras econstantan que malia a que as mulleres adoitan ser multitude nas aulas dos estudos audiovisuais, a súa presenza é minoritaria nas salas de guión, e case nula nos postos de xefatura e coordinación. Un mÃnimo do 50% dos proxectos seleccionados serán de autoras noveis. O anuncio das autoras seleccionadas farase público o 25 de setembro de 2020.