A xestora cultural Lola Correa (Vigo, 1962) vén de ser designada pola ConsellerÃa de Cultura e Turismo como nova directora de Escenas do cambio, o Festival de inverno de Teatro, Danza e Arte en acción da Cidade da Cultura e un dos máis vangardistas de Galicia nestas disciplinas. Lola Correa, que foi directora durante 16 anos do Festival das Artes Escénicas de Vigo ALT, tomará as rendas xa da sétima edición, que se celebrará a principios do ano que vén, e cuxa programación estará enmarcada no Xacobeo 2021. A tamén artista escénica e dramaturga substitúe a Pablo Fidalgo, que estivo ao fronte de Escenas do cambio desde a súa posta en marcha en 2015 logrando a participación de artistas de prestixio internacional e que se fixese cun nome propio no circuÃto europeo.
Escaparate da escena galega
En todas as súas edicións, Escenas do cambio mantén a súa aposta por pezas dunha alta calidade artÃstica e netamente culturais que procuran promover, repensar e replantexar ópticas e perspectivas ao espectador e a súa conciencia, á vez que tamén por ser escaparate dos proxectos da escena galega, que sempre conta cun importante oco para dar a coñecer os seus traballos, como son o caso de compañÃas como Voadora ou Ilmaquinario Teatro e artistas como Quico Cadaval ou Celso Fernández SanmartÃn, entre outros moitos. As actividades, que centran o seu desenvolvemento na Cidade da Cultura de Galicia, teñen tamén lugar noutros escenarios da capital galega, como o CGAC, o Salón Teatro, o Teatro Principal, a Sala AgustÃn Magán, o parque de BelvÃs, a zona monumental, a Estación de Ferrocarril e mesmo en casas particulares compostelás. E teñen gozado cos espectáculos e actividades de Escenas do cambio máis de 12.000 espectadores.