A Escola Municipal de Teatro de Vigo está pechada logo de que rematase o contrato da concesión

Pechado, pero non por vacacións

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O pasado 30 de xuño venceu o contrato que o Concello de Vigo mantiña con Maximino Queizán para dirixir e xestionar a Escola Municipal de Teatro desde 1999. Desde ese día, un dos poucos centros de ensino da práctica teatral de titularidade municipal que existen en Galicia pechou as súas portas. A anterior concelleira de Educación, Ana Gandón, xa notificara a non renovación da adxudicación evitando a posible prórroga da concesión. Unha situación que terá que resolver o actual edil, Xulio Calviño, que xa asegurou no Faro de Vigo que “as clases se retomarán o vindeiro curso”.

Máis información no Faro de Vigo

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Faro de Vigo, Educación, Concello de Vigo...

Claves

Conceptos
Lugares