O certame literario 'Contos arrepiantes para tremer ao carón da lareira' convocado desde o Curtas Festival do Imaxinario de VilagarcÃa ten en Rebeca Losada a súa primeira gañadora co conto
No profundo . O xurado composto por Maite Mosconi, Tomás Rivera e Josué Ramos, coordinado por Xosé Duncan, escolleu o relato de Losada como gañador asà como outro nove finalistas desta primeira edición do certame. Os dez relatos formarán parte dun volume especial que se presentará e se distribuirá de balde no festival entre o 23 de outubro ao 1 de novembro de 2020 en VilagarcÃa de Arousa. Rebeca Losada recibirá un premio de 300 euros e cinco exemplares do libro publicado, ese mesmo número de copias será o que recibirán os nove finalistas. Conforman a lista de relatos finalistas:
Espérame , de Vanesa Santiago;
As malas compañas , de Marcos Dios;
Non creas o que contan as lendas , de José Paz;
A torre dos lamentos , de Mónica Penas;
A caÃda , de Carlos Vega;
Diario do Confinamento , de Ilda Luaces;
Presa , de Silvia MartÃnez;
As campás tocaban a morto , de Paula Cascallar;
Entre conto e lenda , de Raúl Costas. O festival ten aÃnda aberta ata o vindeiro 15 de agosto a convocatoria para o concurso de ilustración 'Ilustracións arrepiantes para tremer ao carón da lareira', para o cal elixirán unha gañadora e outras nove finalistas coa mesma finalidade de ilustrar a cuberta e as páxinas interiores do libro
Contos Arrepiantes para tremer ao carón da lareira que xuntará as dúas convocatorias no volume.
A inauguración de Curtas 2020, Festival do Imaxinario de VilagarcÃa de Arousa, celebrará o 23 de outubro o centenario da obra por excelencia do cinema expresionista alemán,
O Gabinete do Doutor Caligari (Das Cabinet des Dr. Caligari, 1920) coa proxección do filme musicalizado en directo polo quintento CASPERVEK, unha das referencias europeas dos cine-concertos, que estreará no evento a reescritura da súa banda sonora orixinal con esta formación.