
A canteira de VilafrÃa en O Porriño, un espazo en proceso de restauración será o escenario privilexiado que acollerá este verán o nacemento excepcional dun novo evento. O Sons da Canteira é un festival de música galega organizado polo Concello do Porriño que se celebra o vindeiro 29 de agosto. Arrinca a súa primeira edición cun cartaz de catro artistas galegos da música e da videocreación nunha contorna de grande valor, coa motivación da recuperación do territorio. Sobre as paredes da canteira os grupos e artistas faran as súas proxeccións en videomapping ante un máximo de 500 persoas que poderán asistir as actuación no singular escenario. Baiuca, Mercedes Peón, Laura Lamontagne & PicoAmperio e, abrindo o concerto, DJ/VJ Juanma Lodo serán os artista que reúna esta primeira edición do festival. Todos eles proxectos moi persoais que achegan dalgún xeito a tradición galega á vangarda e á electrónica. Os espectadores poderán ademais xantar grazas a un servizo de comidas que permite seleccionar menú cunha aplicación móbil e recibir a consumición no sitio. Ademais para o desprazamento ao lugar haberá autobuses desde a Avenida de Galicia do Porriño. As entradas están á venda con prezos que favorecen a asistencia en grupo.
O Caudal baixa pero non desaparece
Outras das esperanzas musicais do verán que aÃnda non se perderon pero que tamén cambian para adaptarse será o Caudal Fest. O festivald e Lugo que non cheogou no seu momento a adiantar cartel ven de presentarse como ciclo co nome de Noites de Caudal. Repartidos entre o 3 e o 20 de setembro haberá 12 concertos que se celebrarán entre a praza de Augas Férreas e a contorna do Auditorio Municipal Gustavo Freire, ao aire libre e mantendo as estritas medidas seguridade que xa son un selo case exclusivo da actividade cultural. Haberá concertos tanto de pago como de balde, e cunha ampla variedade de estilos e con artistas importantes da escena nacional e galega e incluso da escena musical loval, coma David Prado e os Holywater, que serán os encargados do peche de ciclo. Un dos mellores rapeiros galegos, Hard GZ abrirá a programación o xoves 3 de setembro. Estarán tamén Baiuca, o proxecto que mestura a música tradicional galega coa electrónica, e o trap-cumbia de Ortiga. Izal volverán á cidade para realizar a súa única data en Galicia con formato reducido deste ano. Outro dos grupos de pop máis importantes nacionais, Amaral, actuarán dentro da súa xira estival acústica. O indie rock de Dorian visitará Lugo para o seu único concerto en Galicia e tamén estarán en Lugo os M-Clan. As entradas e reservas estarán dispoñibles na web www.caudalfest.es o vindeiro luns 10 de agosto ás 12:00 do mediodÃa.