A Asociación Cultural Arela, que organiza o Festival de Cans, acordou outorgarlle o Premio Pedigree desta edición á directora Manane RodrÃguez.A entidade, segundo informa valorou especialmente o logro da cineasta "de sacar adiante catro pelÃculas de ficción, un fito inédito en Galicia para unha directora muller", ademais da súa traxectoria "comprometida e valente, cunha obra caracterizada polo rescate da memoria e cun irrenunciable compromiso feminista tamén como activista da asociación CIMA de mulleres realizadoras, premiando un cine honesto e necesario”. Este será o primeiro recoñecemento que RodrÃguez, nada en Uruguai, reciba dun festival galego.
Canda a este premio, a vindeira xeira do festival entregará, entre os vindeiros 2 ao 5 de setembro, os seus ChimpÃs de Prata, que recoñecen o traballo a prol do propio evento. En concreto, os Pepe Puime, irán para a actriz e profesora Mariana Fernández e para a coordinadora médica do Festival Merchi Sánchez. O dúo de arquitectos formado por Juan Creus e Covadonga Carrasco, pola súa banda, recibirán o ChimpÃn de Prata Divina Campos, en recoñecemento ao seu traballo "á hora de analizar os espazos do festival en relación co territorio e o entorno da nosa aldea”. O dúo coordina a iniciativa "Cans Proxecta", que cada ano desenvolve diferentes intervencións na poboación que acolle o evento e comisariou a mosta "Ducia de Cans".