Na vaga do EGM destaca o incremento de El Ideal Gallego e a caída de Atlántico Diario

Movementos no EGM

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

A segunda vaga do 2003 do Estudio General de Medios deixa datos moi bos para algúns e menos esperanzadores para outros. Este é o caso do "Atlántico Diario" do que o EGM constata unha variación negativa do -50% nos seus lectores respecto a vaga anterior e tamén o do "Diario de Arousa" que desaparece da clasificación. Mellores son as noticias para "El Ideal Gallego", cunha variación positiva do 47,8% e con 34.000 lectores. Tamén resultan positivas as cifras para "La Voz de Galicia"; este xornal queda no posto sexto do estado en canto a lectores de prensa xeneralista e no primeiro en Galicia con 651.000 lectores, un 48,6% do total na comunidade. O EGM é un estudio realizado pola Asociación para la Investigación de Medios de Comunicación a base de enquisas persoais a unha mostra aleatoria de individuos de toda España.

Máis información en La Voz de Galicia e AIMC

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Atlántico, La Voz de Galicia, Medios de comunicación, Arousa

Claves

Entidades