A organización do XVIº Festival Internacional de cinema Play-Doc ven de avanzar algúns dos cambios previstos para a súa celebración entre o 23 e 27 de setembro na edición adaptada ás circunstancias e aos protocolos de seguridade. Diversificar en localizacións dentro da vila de Tui para non xuntar demasiado público e saÃr á rúa son as opcións escollidas O Festival seguirá a manter no Teatro Municipal o seu punto de encontro principal pero súmanse lugares como a Praza do Pracer, convertida na súa segunda sede, e outros puntos da cidade onde o público poderá participar de encontros, concertos, talleres e actividades dirixidas especialmente a eles. Como novidade engtadida o festival tamén se poderá gozar desde a casa, xa que parte dos seus contidos estarán dispoñibles en liña, e para todo o territorio español grazas á colaboración con Filmin, a plataforma de cine en streaming por excelencia en España.Esta XVIª edición de Play-Doc celébrase por primeira vez baixo a marca creada pola Deputación de Pontevedra, Rias Baixas Film Fest, creada para axuntar e fortalecer os principais festivais audiovisuais da provincia.
Outro encontro co audiovisual, Intersección, Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo ven de confirmar que celebrará a súa terceira edición entre o 28 de outubro ao 1 de novembro, un pouco máis tarde do que viña sendo nos anteriores anos. De novo a Fundación Luis Seoane será a sede do evento que reunirá a arte audiovisual contemporánea internacional. A programación do festival contará con retrospectivas e focos, ademais de varias seccións especÃficas dedicadas á arte audiovisual galega. Tamén incluirá proxectos de videoinstalación e videoperformance. A aposta polo desenvolvemento de proxectos creativos mantense este ano a través da iniciativa INTERSECCIÓN LAB, unha mesa de traballo para a que serán seleccionados tres proxectos e que estará coordinada por Enrique Lista. A convocatoria para participar neste obradoiro farase nos vindeiros dÃas.