Cando no seu último número a revista Asymptote -unha das referencias mundiais no ámbito da creación literaria- publicou un dossier especial sobre a poesÃa galega contemporánea, os poetas participantes (Manuel Rivas, Chus Pato ou Gonzalo Hermo entre outros) incorporaron aos seus textos unha lectura en audio. A única que non puido facelo foi Luz Pozo Garza, que morreu antes da publicación. Agora, o Consello da Cultura Galega reúne a dez poetas galegos para ofrecer a lectura da súa escolma poética para Asymptote, acompañados da versión inglesa, realizada tanto en escrito como na súa lectura pola profesora Kathleen March. No proxecto participan Pepe Cáccamo, Yolanda Castaño, Xavier Seoane, Gonzalo Vázquez Pozo, Olivia RodrÃguez, Eva Veiga, Cesáreo Sánchez Iglesias, Xesús Alonso Montero e Carme Blanco.