Limpan e acondicionan para o turismo o castro de Penadominga, en Quiroga

Trátase dun importante emprazamento de época tardoantiga

29/7/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Un campo de voluntariado xuvenil acondicinou e retirou a maleza que ateigaba o recinto do castro de Penadominga, en Quiroga. É a primeira fase dun proxecto para poñer en valor turisticamente o recinto arqueolóxico. A maiores, sinalizarase un roteiro de sendeirismo ata o castro e realizaranse diferentes accións, como un roteiro virtual que amosa a cartografía, a planimetría e o perfil do percorrido así como sinalización en códigos QR con ampliación de información. O castro de Penadominga é amplamente coñecido na bibliografía arqueolóxica galega, por mor dos numerosos e importantes achados localizados nel, correspondentes á época tardoantiga. Un tesouriño de moedas e, sobre todo, varios broches de cinturón de tipoloxía xermánica, datados entre o século IV e V, asociados na literatura académica a tipoloxía militar. Os achados teñen sinalado a Penadominga coma un punto de control das economías locais.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Literatura, Moedas, Arqueoloxía