A música e o baile tradicional reclaman a volta da programación

Última edición dos Diálogos confinados do CCG

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
A música e o baile tradicional reclaman a volta da programación

A relevancia do sector da música e do baile tradicional en Galicia -que reúne 300 entidades culturais, máis de 25.000 alumnos e en 2006 conseguía mobilizar tres millóns e medio de euros anuais- foi posta en valor por Montse Rivera, profesora de baile, pandeireta e canto tradicional, directora do grupo Brincadeira e integrante de Leilía e por Xaneco Tubío, luthier e presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos, durante a gravación dunha nova edición dos Diálogos confinados do CCG. Moderados por Xulia Feixoo, os dous profesionais chamaron a atención sobre a falta de actuacións no verán, que habitualmente permiten financiar as actividades formativas no inverno, e a inquedanza do sector ante a recuperación das clases no outono, debido á falta de protocolos e equipamentos axeitados para afrontar as restricións derivadas da Covid-19. Ao tempo, a unión dos colectivos de mestres de música e baile tradicional, que ten visos de se materializar, foi visto como o aspecto máis positivo neste tempo.

Que che parece esta nova?
187 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Covid, Asociación de Gaiteiros Galegos, Leilía, Medios de comunicación...