Un poemario "que amosa un discurso lÃrico sólido e inspirado, con gran riqueza léxica e con interesantes achados estilÃsticos". Deste xeito califica o xurado do XXIII Premio Concello de Carral de PoesÃa Nas pulsacións, obra coa que Manuel López RodrÃguez acaba de gañar este galardón. O autor noiés foi seleccionado polo xurado do certame entre os 42 traballos presentados como merecedor dos 2.500 euros en metálico cos que está dotado e verá o seu libro publicado en Espiral Maior.
Miriam Ferradáns, José Mª Paz Gago e Xurxo Alonso, coa presidencia do concelleiro de Cultura, Francisco Bello Hermida, e asistidos en calidade de secretario, polo técnico municipal de Cultura e coordinador do premio, Carlos Lorenzo Pérez, foron os responsables da selección. O acto de entrega do premio, previsto para o vindeiro mes de setembro servirá tamén de presentación do poemario premiado na anterior xeira, En luz escrita, de Xurxo Alonso.