Cara a unha escena plural é o tÃtulo do programa que acaban de presentar Sabela Mendoza e Caterina Varela. A súa intención é promover "a circulación da danza e artes vivas de carácter profesional no noso territorio". Ademais, nos seus obxectivos está "procurar unha presenza estable e regular destas expresións nos espazos escénicos galegos, ao tempo que favorecer a circulación dos traballos artÃsticos feitos en Galicia, e promover a difusión e sensibilización dos públicos cara aos mesmos". Para conseguir este fins, o proxecto desenvolverá nos últimos meses do anos programas especÃficos no Auditorio Municipal de Cariño, Auditorio Gabriel GarcÃa Márquez de Oleiros, Teatro Principal de Ourense, Auditorio Municipal de Outes, Auditorio Hernán Naval de Ribadeo e Teatro Municipal de Tui, primeiros espazos que se aderiron ao proxecto.
Estas localidades acollerán "funcións escénicas e actividades paralelas de mediación nas respectivas localidades, en diálogo cos artistas convidados e cos teatros anfitrións". Ademais, o web do programa concentra, desde este mes de xullo, "unha serie de accións transversais de investigación, escrita, encontros, rexistro e arquivo, tanto presenciais como en liña", que inclúen "debates entre profesionais e axentes culturais do sector, entrevistas para dar a coñecer a traxectoria de diferentes compañÃas galegas, a publicación de textos sobre a creación e a circulación da danza desde distintas perspectivas, e o desenvolvemento dunha unidade didáctica arredor da danza contemporánea".
En paralelo, este 22 de xullo o Concello de Santiago de Compostela acollÃa a presentación de Plataforma. Festival de Artes Performativas. Dirixido por Mónica Maneiro, David Barro e Iñaki MartÃnez Antelo, o programa comprende exposicións no CGAC, Fundación Granell, Auditorio de Galicia e a Fundación DIDAC, canda a actuacións escénicas en teatros da cidade e mais concertos e performances na rúa e en diferentes institucións. Está previsto que se celebre entre os vindeiros 10 e 18 de setembro.