A longametraxe María Solinha de Ignacio Vilar (Vía Láctea Filmes) ven de abrir o seu palmarés propio ao recibir o máximo galardón na sección Indieuropea do 66º Taormina Film Fest, cita internacional que se celebra na vila siciliana de Taormina. A película galega acadou o favor do xurado en competición con outras 11 longametraxes de Francia, Polonia, Irlanda, Turquía, Grecia, Reino Unido, Rusía, Italia e Bulgaria. O xurado xuvenil da sección Indieuropea estaba, conformado por estudantes do Master TeA da Universidade de Roma outorgaron este recoñecemento da película de Ignacio Vilar por presentar un tema tan actual como o da represión da liberdade da muller a través dun uso envolvente, innovador e refinado da metanarrativa. María Solinha proxectouse en Taormina na súa versión orixinal en galego con subtítulos en italiano. A longametraxe conta a lenda dunha muller icónica, condenada pola Inquisición, cun relato que se move entre o século XVII e o XXI. Grial Montes e Laura Míguez protagonizan a versión contemporánea da lenda dunha figura visionaria cuxo anhelo de liberdade a converteu en icona feminista. O filme estreouse o pasado 19 de xuño e está a percorrer Galicia a través de cines ao aire libre.
Outra longametraxe galega, La isla de las mentiras, primeiro filme dirixido por Paula Cons (A Coruña, 1976), ven de ser admitida a competición oficial no Festival Internacional de Cine de Shanghái, que se clausura o vindeiro 2 de agosto. A película estrarase en España o 24 de xullo, directamente na plataforma dixital Filmin e ao día seguinte, 25 de xullo comezará o festival asiático. la Isla de las mentiras é unha coprodución da empresa galega Agallas Films, a vasca Historias del Tío Luis, a arxentina Aleph Cine e a portuguesa Take 2000 e está protagonizada pola santiaguesa Nerea Barros. O filme narra as circunstancias arredor do afundimento do buque Santa Isabel nas inmediacións da Illa de Sálvora en 1921. Na competición oficial deste prestixioso festival asiático só entran nove películas entre as que está a longametraxe galega.