Catro enclaves especiais do Barbanza-Arousa diferentes aos do circuÃto turÃstico máis recoñecido converteranse en escenarios emblemáticos que acollerán música e narración oral. O ciclo Paisaxes Sonoras nace coa intención de poñer en valor a riqueza da contorna buscando a asociación de cultura, identidade e patrimonio como reforzo do acervo local. As catro localizacións onde terán lugar as diferentes manifestacións artÃsticas caracterÃzanse por estar vencelladas á poboación de xeito máis transversal. O hórreo do Pazo Rianxiño será o lugar que acolla o primeiro espectáculo deste ciclo, no que o actor Carlos Blanco actuará como monologuista baixo a sombra deste hórreo pétreo de case 25 metros de longo, que ten como particularidade a súa cuberta de granito a dúas augas eq1ue preside a Ruta do Mar de Arousa e Ulla. O ciclo está promovido pola Mancomunidade Barbanza-Arousa coa colaboración da Xunta de Galicia e os concellos de A Pobra, Rianxo, Ribeira e Boiro. Blanco actuará o vindeiro sábado 15 de agosto, cunha condicións que limitan a capacidade a 50 persoas (23 entradas dobres e 4 individuais) . A exclusividade do aforo basease tanto nas medidas de seguridade sanitaria contempladas nesta etapa poscovid-19 como no respecto á integridade das localizacións escollidas. As entradas para o primeiro espectáculo xa están á venda na plataforma Eventbrite.