A Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) ven de presentar as novidades do seu programa para a temporada 20-21, que son moitas incluÃndo un cambio de sede para a súas actuacións que se desprazan desde o Pazo da Ópera ao Coliseum da cidade herculina, grazas á colaboración co Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE). O cambio de recinto permitirá garantir a seguridade de profesionais e público coas medidas de distanciamento impostas pola situación sanitaria, asà como a programación dun gran repertorio con abundante elenco de solistas e directores. A nivel de programa a OSG terá moi presente a creación galega nesta temporada coa posta en marcha do seu Proxecto2020(21) polo que ata 11 agrupacións de cámara do conxunto orquestral estrearán 20 obras de outros tantos compositores galegos de diferentes xeracións e estilos creativos. O proxecto abarca practicamente todas as tendencias, estéticas e da creación galega actual, desde a referencia ineludible do compositor Rogelio Groba e autores recoñecidos internacionalmente e premiados como Fernando Buide, Eduardo Soutullo ou Wladimir Rosinskij ata as novas voces representadas, entre outros, por Carme RodrÃguez, Hugo Gómez-Chao ou SofÃa Oriana, cunha especial mención ao recentemente falecido compositor e crÃtico musical Julio Andrade. Ademais a OSG estreará Donna nobis pacem de Juan Durán.
No Coliseum a OSG despregará unha programación de gran repertorio sinfónico que se abrirá en outubro coa SinfonÃa nº 9 de Gustav Mahler baixo dirección de Dima Slobodeniouk e pechará en xuño co Réquiem de Mozart nun concerto no que a agrupación orquestral compartirá escenario co seu Coro e Orquestras InfantÃs. Entre medias, a OSG ofrecerá unha programación con importante presencia de Beethoven -do que se celebran os 250 años do nacemento– seguido da música de Gustav Mahler e Richard Strauss que acompañarán obras de Shostakóvich, Schumann, Dvorák, Berg, Bruckner, Chaikovski, Prokófiev ou Stravinski entre outros moitos. En memoria das vÃtimas da COVID-19 a OSG interpretará as obras Memoria del Ocre de José MarÃa Sánchez Verdú, o Concerto para baixo e orquestra de Jukka Linkola, Sound and Fury de Anne Clyne, o Concerto para óboe de Christopher Rouse e o Concerto para trompa de Hans Abrahamsen. A OSG contará con algúns dos directores e solistas de maior prestixio internacional.
No apartado de concertos extraordinarios destaca o dedicado á Torre de Hércules, coa estrea en novembro da Cantata Torre de Hércules, do compositor Tomás Argüés e con texto do escritor e profesor da Universidade da Coruña José MarÃa Paz Gago. A OSG contará coa dirección de José Trigueros e no concerto participará ademais o Coro Cantabile. A obra resultou gañadora en 2004 do Concurso Cantata Torre de Hércules, convocado pola Deputación da Coruña en colaboración co Instituto de Estudios Torre de Hércules. As entradas para a temporada sairán á venda a partires de setembro e por bloques —outubro-decembro, xaneiro-marzo e abril-xuño— supeditado á evolución da situación sanitaria e contará con descontos para os 1.800 abonados da OSG da pasada temporada 19-20 aos que se lles reservará a súa butaca no Pazo da Ópera.