Preocupación, desalento e confusión son os termos máis empregados desde a asociación Músicas ao Vivo (MAV) para expresar o impacto que as medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 impostas desde a ConsellerÃa de Sanidade están a ter sobre o sector. Por medio dun comunicado MAV ven de pedir á Xunta unha revisión desta normativa que para a xente da música ten demasiadas ambigüidades e incongruencias que imposibilitan coa súa aplicación a realización de actividades musicais moi diversas o que afecta moi duramente ao futuro inmediato das súas profesións. Tras un estudo do texto desde MAV consideran que as medidas difiren, con moito, da realidade do seu traballo e chegan a considerala "aparentemente redactada sen consultar aos afectados". "Botamos en falta un maior coñecemento das particularidades técnicas da execución de cada familia de instrumentos, das necesidades obrigadas de orquestración en moitas das obras musicais, e das casuÃsticas en xeral que se dan nos escenarios segundo os diferentes estilos e formacións", aseguran os músicos.
Para MAV a normativa é especialmente preocupante en todo o relacionado aos coros, grupos vocais e cantantes en xeral, asà como entre intérpretes de instrumentos de vento. Xustamente no que afecta aos grupos corais a normativa xa foi comentada negativamente na recente asemblea xeral da Federación Coral Galega (Fecoga) que vÃa nas medidas moitas dificultades nas súas actividades, polo cal decidiron dirixirse formalmente á Xunta para aclarar algúns dos puntos da norma. No relativo aos ensaios dos coros a necesidade de manter a distancia de seguridade, imposibilita que o 90 % dos coros do paÃs poida xuntarse para ensaiar, segundo a asociación. Por parte de MAV decláranse conscientes da situación e afirmando a súa disposición a seguir protocolos de prudencia que impidan a propagación do coronavirus. "Somos conscientes de que estamos a vivir uns tempos difÃciles nos que será imposible realizar moitas actividades, tal e como se viñan facendo ata o de agora", afirman no comunicado desde MAV. Para eles é preciso a revisión para evitar "incongruencias" coma que un trÃo ou cuarteto vocal terÃa que actuar, en calquera situación, con máscaras, mentres que ese mesmo grupo, acompañado dun guitarrista ou pianista, non as terÃa que usar máis que cando estiveran en silencio. Desde MAV sinalan outras casuÃsticas que seguen esa mesma desconexión coa súa actividade real coma o impedimento, para coros e grupos vocais, de cantar en calquera evento realizado nunha igrexa, "onde en realidade case sempre hai un espazo, denominado precisamente “coro”, o cal está normalmente xa afastado do público asistente para os grupos que van cantar nunha celebración", apuntan.
Propostas concretas de cambio na normativa
A entidade representativa dos intérpretes non se queda na manifestación do seu descontento e ademais fai directamente varias propostas de cambio sobre a resolución para ser tomadas en consideración desde a ConsellerÃa de Sanidade. "É necesario deseñar estratexias que axuden a paliar o impacto tremendamente negativo que todo isto vai ter sobre o colectivo de músicos e músicas, atopando medidas realistas e coherentes que permitan a correcta realización do noso traballo, garantindo en todo momento as medidas de seguridade, para o cal ofrecemos todo a nosa colaboración", afirman. Os cambios que propoñen sobre o texto normativo comprenden o uso de micrófono propio no caso de cantantes solistas: unha maior atención das distancias de seguridade nas actuacións; un uso de máscaras só cando non se poidan dispoñer os espazos e separacións doutros xeitos; atender a unha colocación no palco e locais de ensaio que evite que o fluxo de aire interfira co resto dos membros da formación e levar a cabo medicións de temperatura antes dos ensaios e das actuacións, entre outras. As súas propostas poden lerse no seu comunicado, dirixido á Xunta de Galicia.