Por medio dun comunicado a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), ven de alertar sobre as condicións nas que se está a dar o regreso á actividade laboral dos actores e actrices no ámbito das artes escénicas. Malia amosar o seu apoio sen dúbidas ao regreso a actividade, segundo a AAAG o sector chama a atención sobre os riscos que se están a correr xa que o teatro "carece a dÃa de hoxe dun protocolo formal para reducir os riscos de contaxio cunhas medidas hixiénico-sanitarias suficientes para un oficio no que, en moitas ocasións, as medidas xerais de protección -nomeadamente a chamada distancia social ou o uso de máscaras- non son asumibles, xa que o contacto fÃsico entre integrantes dun elenco artÃstico resulta inherente á actividade". Neste sentido, a AAAG quere amosar a súa fonda preocupación ante a situación de indefensión na que os/as intérpretes poden estar a retomar ensaios e funcións en Galicia pola precipitación e a escasa conciencia que están a detectar e que, segundo eles, contrasta coa situación que se está a dar no audiovisual, onde "consta que os equipos artÃsticos de diferentes producións volveron ao seu oficio con test recorrentes".
A asociación sinala que os diferentes decretos de regulación da apertura de actividades estiveron centrados, no relativo ao sector cultural, nas porcentaxes de aforo, distancias entre espectadores ou na seguridade nos accesos dos recintos. Para a AAAG a GuÃa de buenas prácticas para el reinicio de la actividade escénica y musical en España publicada o pasado 14 xuño polo Instituto Nacional de Artes Escénicas y de la Música (Inaem) antóllase insuficiente en canto "resulta ser tan só unha folla de ruta orientadora elaborada por unha institución cultural estatal sen competencia ningunha en materia sanitaria". Desde a asociación de intérpretes consideran imprescindible un protocolo oficial de ámbito autonómico "que vele pola seguridade dos elencos artÃsticos, conformados por traballadores e traballadoras aos que se lles poderÃa chegar a esixir por motivos profesionais e/ou artÃsticos exercer o seu traballo sen máscara nin distancia de seguridade ou mesmo manter un contacto fÃsico Ãntimo, co risco que isto suporÃa non só para a saúde destes/as traballadores/as, senón para o conxunto da sociedade no contexto actual de pandemia". A carencia dun protocolo homoxéneo nese sentido supón, dende o punto de vista desta asociación sindical, abandonar á indefensión laboral os profesionais da escena, situación que cómpre atallar axiña para garantir un regreso seguro e en igualdade de condicións para todos os actores e as actrices.
A AAAG considera que ese protocolo oficial deberá especificar que os servizos de prevención de riscos laborais deben decidir en que espectáculos poderÃa resultar imprescindible a realización de tests (asà como que tipo de test e con que periodicidade), avaliando as particularidades de cada montaxe e os riscos de contaxio derivados das accións que se desenvolvan sobre o escenario que contraveñan as medidas esenciais de protección: distanciamento e máscaras. Ademais, a AAAG considera que a Xunta de Galicia, que asumiu as competencias en materia sanitaria dende que decaeu o estado de alarma, debe preocuparse non só pola seguridade sanitaria de espectadores, senón tamén dos traballadores e das traballadoras da escena que na actualidade están a volver ao seu traballo sen garantÃas suficientes, asà como de apoiar o sector na adaptación á nova normalidade en coherencia co que se recolle no Plan de Reactivación dos sectores turÃstico e cultural no que se especificaba a importancia de contar con plans hixiénico-sanitarios e anunciaba "a elaboración de manuais coas recomendacións e instrucións necesarias". Porén, a Xunta de Galicia malia impulsar a volta á actividade nos seus circuÃtos de distribución, non ofreceu avance ningún para achegar un protocolo destas caracterÃsticas, lembran desde a AAAG.