A aposta polo virtual marca o XVI Zona da Zanfona

Rianxo acolle os concertos, cursos e actividades do programa entre o 3 e o 5 de xullo

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:
Cartel do XVI Zona da Zanfona

Cartel do XVI Zona da Zanfona

Efrén López, Sobre Rodas, Os monifates e É Romance compoñen o cartel de concertos da XVI Edición do encontro Zona da Zanfona. Rianxo acolle entre o 3 e o 5 de xuño a nova xeira desta iniciativa que se adapta á situación sanitaria mediante recitais e cursos con reserva e aforo limitado e a aposta polas actividades virtuais.

Unha das grandes novidades desta xeira é o curso de construción dunha zanfona, que permitirá aos seus participantes montar o seu propio instrumento en dous días a partir duns planos dispoñibles en aberto e con pezas cortadas a láser e creadas mediante impresión 3D. Canda a este haberá cursos presenciais de iniciación, con instrumentos achegados pola organización, e de perfeccionamento. En formato dixital desenvolverase unha aula maxistral da man do inglés Steve Tyler e unha palestra sobre cordas históricas e modernas coa canadense Tobie Miller, intérprete especializada en repertorio barroco para zanfona.

O encontro continúa coa súa aposta por divulgar repertorio para o instrumento e dispoñibiliza no web de aCentral Folque unha terceira entrega de Cancioneiro #ZdZ, publicación de acceso gratuíto e descarga libre que cancións populares e simples para todos os niveis de interpretación.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rianxo, Cancioneiro, Barroco, aCentral Folque

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares