Zona da Zanfona cumpre dez anos a reivindicar este instrumento

O encontro celébrase en Rianxo a partir do vindeiro venres

1/4/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Desde o venres 4 de abril e ata o vindeiro domingo, Rianxo acollerá a celebración da décima edición de Zona da Zanfona. O encontro internacional dedicado a este instrumento celebra unha década cunha programación especial que inclúe unha exposición sobre aparellos con manivela, sesións de baile, concertos e actividades didácticas polos colexios da zona. Como novidade, este ano celebraranse dous cursos, o xa habitual para intérpretes, a cargo de Germán Díaz, e mais outro de Paulo González sobre composición para este instrumento.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rianxo, Germán Díaz

Claves

Protagonistas
Lugares