O Consello da Cultura bota a andar a súa Semana do Orgullo

Recupera O aturuxo primeira publicación gai e lésbica do país

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
O Consello da Cultura bota a andar a súa Semana do Orgullo

O Aturuxo é o título dunha publicación pioneira, gai, lésbica e de esquerda, que viu a luz entre xaneiro e xuño de 1981 da man da Coordinadora de Colectivos Gais de Galicia. Agora, o Consello da Cultura Galega recupera na rede os catro números desta cabeceira histórica. Con esta proposta abre as iniciativas da Semana do Orgullo, na que a institución achegará diferentes contidos vencellados a esta data de reivindicación e celebración.

Deste xeito, para alén do rescate desta publicación, a entidade publica no seu web este mércores 24 de xuño a xornada Pensar con Orgullo que se desenvolveu en xuño de 2019 con Lorenzo Bernini, Luis Puche, Beatriz Suárez Briones ou Marina Sáenz. Para o xoves preséntase como novidade unha banda deseñada sobre Elisa e Marcela, primeira parella do mesmo sexo unida en matrimonio, da man de Xulia Vicente. E no venres 26 está previsto o lanzamento na rede da mesa de debate Diversidade afectivo-sexual en tempos de pandemia na que participan Eva Mejuto, Enrique Latorre e Carme Adán.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Elisa e Marcela, Eva Mejuto, Banda deseñada

Claves

Conceptos