A Cidade da Cultura de Galicia celebrará este domingo o DÃa da Música recuperando os concertos para Santiago.. O programa inclúe tres concertos diferentes con tres horarios ao longo do dÃa. Todos terán lugar dentro do Museo Centro Gaiás (Andar -1) e poderán seguirse ademais en liña pola canle YouTube da Cidade da Cultura. Comezará ás 12:00 horas a formación El afecto Ilustrado, un ensemble de cámara, anovador que interpreta repertorio comprendido entre os séculos XVII e XIX, cun programa barroco pero achegado ao público. A tarde contra as 17:30 horas será a artista FAIA, unha das revelacións de Novo Trad do pasado ano, co seu primeiro disco Ao cabo leirÃn, un traballo de investigación do cancioneiro tradicional pero tamén da súa propia voz e dos espazos sonoros que a arroupaa que actuará nas instalacións do Monte Gaiás. A xornada pechará a música electrónica e synth-pop de Chisme, o proxecto musical de Fernando Elpede, integrante da compañÃa teatral Voadora que presenta temas do seu último traballo Todo e ficción, e tamén de anteriores proxectos. ás 21:00 horas. Todos os concertos son de balde pero as restricións de cabida debidas ás medidas de seguridade sanitaria fan necesario retirar entradas previamente a través de ATaquilla.