O Curtas, Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa anunciaba hai ben pouco o seu cambio de denominación e formato, ampliando as súas miras máis alá do cinematográfico e amosando un gran dinamismo de cara a súa celebración entre o 23 de outubro e o 1 de novembro. Hoxe seguen presentando novidades nesa liña como o lanzamento hoxe mesmo dun programa de TV propio en liña sobre a actualidade do cinema fantástico e os seus protagonistas para manter á xente conectada co evento ata a súa celebración. A canle de YouTube e de Facebook do festival emitirán hoxe ás 20:00 horas a primeira entrega deste programa presentando ao director Miguel Ángel Vivas (Tu hijo, Secuestrados, Extinction) e ao realizador arxentino Fabián Forte (Cosa e Mandinga, El muerto cuenta su historia, Malditos Sean) ademais de aportar curiosidades ou tratar outros temas de interese para os afeccionados ao xénero fantástico. O Curtas ven ademais de convocar unha nova edición do seu concurso literario de contos en galego, que leva o título "Contos arrepiantes para tremer ao carón da lareira". Coordinado por Xosé Duncan, e cun xurado composto por Maite Mosconi, Tomás Rivera e Josué Ramos, o concurso conta cun primeiro premio de 300 para o relato gañador.
Fronte a esta vitalidade en Vilagarcía, outro evento do xénero, o festival de cine fantástico e de terror FanCine de Lemos en Monforte cancela a súa VIIª edición prevista este ano. Ante un sobrecuste estimado dun 30% do seu orzamento para poder atender as recomendacións de seguridade sanitaria e a falta de apoios para cubrilo a organización decidiu a suspensión do evento este ano e está reflexionar sobre a súa continuidade. "Esta falta do soporte para avanzar e celebrar o FanCine lévanos a pensar que quizais é o momento para observar a situación e a importancia do festival na cidade e na comarca, facendo unha valoración da importancia que pode ter para administracións e público", aseguran desde o festival. A celebración do festival queda supeditada tanto a esa reflexión como ás políticas culturais que poidan levar a cabo as administracións.