O último Documento de Traballo (DT-OCG) do Observatorio da Cultura Galega, servizo dependente do Consello da Cultura Galega (CCG) titulado O sector da música popular en Galicia perante a crise da COVID-19 expón as demandas que os profesionais da música expresan ante o momento e o futuro. O traballo recolle as análises dos responsables das principais asociacións profesionais e gremiais que compoñen o sector da música popular de Galicia, así como unha descrición da situación antes da chegada da crise provocada polo coronavirus e un resumo das principais reivindicacións do sector e da resposta da administración.
Collendo datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), a SGAE, o Instituto Nacional de Estatística (INE) e a Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC), entre outras fontes, o Observatorio da Cultura debuxa cunha tendencia positiva o peso económico e social da actividade musical no país ata o ano 2018, último do que hai datos recollidos. Agora mesmo, a falta de información concreta que aínda tardará en coñecerse, as primeiras estimacións de perdas económicas por parte dos representantes deste ámbito falan de máis de 130 millóns de euros entre marzo e maio de 2020 no conxunto do Estado, coa suspensión dunhas 30.000 funcións, unhas cifras que poderán incrementarse nos vindeiros meses.
Os gremios da música opinan
A través dun formulario feito ex-profeso o Observatorio recolle neste documento as opinións de representantes das asociacións profesionais e gremiais da música popular sobre a súa percepción da situación do sector da música en vivo antes da chegada da crise sanitaria e sobre o impacto desta na demanda e na actividade dos diferentes axentes que participan na cadea de produción. Tamén se pulsa a súa opinión sobre que medidas debería tomar a Administración, sobre a incidencia do confinamento na poboación e os seus hábitos culturais, sobre as medidas de axuste que precisaban tomar as empresas ou as perspectivas de futuro para o sector, entre outras.
A lista de participantes fai un percorrido bastante extenso e moi autorizado polas diferentes partes do sector musical na escena galega a través de destacados representantes de colectivos . Toman parte Joaquín Martínez Silva (Kin Martínez), presidente da Federación de la Música de España, Esmúsica; Manuel Alonso, representante da Asociación Músicas ao Vivo e de Músicos ao Vivo Sociedade Cooperativa Galega; Patricia Hermida, do International Music Managers Forum; Alberto Grandío, presidente da Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo (Clubtura); Jordi Lauren, membro directivo da Asociación Empresarial dos Festivais de Galicia e organizador do festival SonRías Baixas, e Manuel Ángel Fariña Negreira, presidente da Asociación Galega de Orquestras (AGO).
Unha crise que fai derivar reivindicacións anteriores en urxencia vital
En case todos os casos estes representantes partiron da existencia previa de problemas de fondo que xa viñan arrastrando de atrás e que foron obxecto de reivindicacións por parte do sector, problemas que se antes resultaba xa necesario abordar desde as administracións agora collen carácter de urxencia. "Hai que aproveitar esta situación crítica para dar visibilidade a cuestións que nunca estiveron na axenda de ningún partido político", di Kin Martínez que sinala ás carencias de regulación laboral, a falta dun sistema educativo con formación pública regrada, a necesidade dun marco fiscal de tributación adaptado á súa singularidade, así como a falta de recoñecemento da importancia do sector. A necesidade dun plan de estratéxico que vaia moito máis alá de reducir o impacto temporal desta situación é tamén unha opinión compartida por case todos, alén da necesidade de apoio aos profesionais e artistas locais, tanto a través da administración autonómica como dos Concellos. Ademais diso as opinións diverxen en asuntos como o papel a dar ao Xacobeo ou a mestura de intereses entre cultura e turismo. O que queda claro, como di Patricia Hermida é que "vai resultar moi difícil atopar unha batería de medidas que contente a todos polas singularidades dos profesionais que conforman o sector". Esas diferenzas son moi visibles nesa parte de opinións no documento.
Desde a asociación de músicos, un dos colectivos máis prexudicados neste caso xa que como lembra Manuel Alonso "para a práctica totalidade dos profesionais a meirande parte dos seus ingresos proveñen das actuacións, mentres que o relativo á produción discográfica, os dereitos das plataformas dixitais etc. constitúe unha parte moi pequena", tamén solicitan unha visión que vaia máis alá dos códigos económicos ou industriais, incluíndo a visión de cultura de base e amadora. "Esta crise está a afectar a todas as tipoloxías de empresas e suxeitos da actividade cultural, tanto empresas, como profesionais, como a cultura amadora", asegura Alonso, que di ver que as respostas da Xunta "se afastan un pouco da realidade do sector para centrarse en exceso na vertente industrial, deixando fóra a cultura amadora e as realidades dos axentes máis pequenos".
O Documento do OCG lembra tamén a achega da música tradicional galega ao conxunto da música popular. A través do Libro Branco do Ensino na Música Tradicional en Galicia o documento sinala que este informe ofrecía no momento da súa publicación cifras sobre a repercusión na sociedade galega polas que en 2005 a música tradicional sumaba case 1.400 actividades, con máis de 20.000 persoas implicadas, cun corpo de profesorado contratado dunhas 640 persoas en case 700 centros de ensino. Ademais en 2018, o 5,2% dos espectadores de concertos de música popular de Galicia asistiron a concertos de folk, a cuarta comunidade autónoma do Estado despois de Asturias, A Rioxa e Navarra.
A incerteza das condicións a curto e medio prezo
Os axentes representantes tamén puideron opinar no formulario do Observatorio de situacións moi apegadas ao propio confinamento e ás fases de "desescalada", como a proliferación de concertos en liña e a súa viabilidade. Aspecto este sobre o que Patricia Hermida é moi clara ao asegurar que "un streaming ben canalizado, cunha asesoría xurídica clara, pode ser unha vía temporal para non perder algúns dos contratos que xa están asinados coas administracións públicas, que teñen uns gastos consignados e que podería axudar, en certo modo, a inxectar algo de capital aos grupos e ás compañías", pero non dubida do temporal desta vía, que non pode chegar a substituír á música en vivo como a coñecemos, que ademais implica na súa produción a moitos máis profesionais que os propios artistas. Xustamente a incerteza sobre as condicións futuras de realización de espectáculos en vivo é unha das lousas máis pesadas agora mesmo para estes axentes, fortemente no caso dos organizadores de festivais como Kin Martínez ou Jordi Lauren, pero tamén para o resto que ven afectada toda a viabilidade dos seus proxectos a curto prazo, como asegura a propia Hermida: "hai que concretar en que condicións sanitarias se van poder realizar os concertos para poder manter a seguridade do público asistente, sobre quen van recaer os custos destas medidas e se vai haber algún tipo de apoio para poder afrontar ese sobrecusto na produción". Na mesma liña apunta Alberto Grandío, presidente de Clubtura, preocupado polas medidas sobre restrición de público en salas, que fai moi dificilmente viable a súa actividade dun xeito rendible, xa que cunha cabida das salas a un 30% ou 50% faise difícil a programación de determinados concertos e "inviables de xeito particular a contratación de grupos de fóra de Galicia, a cuxos gastos por actuación se unen outros desembolsos, como o pagamento das estancias, manutencións, equipos de son etc". Sobre os concertos en liña, Grandío comenta que en Galicia esta asociación xa tivo contactos coa AGADIC para poder facelos nas salas, pero non se concretou nada sobre cantos concertos, como se van facer ou canto lles van pagar. Os representantes das salas piden que lles dean uns 400-500 por concerto a cada sala e que se fagan un mínimo de 5 concertos ao mes desde xa, mesmo sen público. A actividade profundamente estacional das orquestras e dos festivais fan que estes sexan os que máis dean o ano por perdido, xunto cos propios músicos.
Conclusións do traballo
O documento do OCG resume, entre outras cousas, que para cando se volva programar música en vivo e coa previsión de que se limite considerablemente a afluencia de público, dun xeito ou doutro, estes representantes solicitan achegas económicas da Administración. Malia esta petición, desde o Observatorio apuntan que tamén se detecta un desexo de independencia para evitar ser unha actividade subvencionada que mesmo considerarían prexudicial. Se avoga por unha política de prezos para a cultura que fomente unha industria que no futuro teña maior capacidade para enfrontarse a períodos críticos como o presente. Tamén se detectaron algunhas prevencións cara á inxección directa de capitais pola tendencia á concentración en poucas corporacións que esta práctica pode supoñer, di o documento. Os diferentes actores que compoñen o sector apuntan segundo este traballo á necesidade de que as axudas sexan transversais e non se dirixan unicamente a un tipo de evento ou celebración concreta.
Sinalan a importancia dunha colaboración proactiva, co fin de ofrecer unha oferta suficientemente atractiva a todos os niveis e protexer o patrimonio cultural propio, máis que pensar en grandes estrelas do panorama internacional. Para os máis optimistas dos representantes gremiais entrevistados, a crise presenta unha oportunidade, polo que se invoca a creatividade para desenvolver proxectos alternativos aos que ofreceu a música popular ata este momento. Avógase por aproveitar a situación crítica para dar visibilidade a problemas que nunca estiveron na axenda política e, así, impulsar o contido e a xestión do sector da música popular, incidindo na capacidade dinamizadora que ten para outros sectores. A partir dunha fase de rescate e un plan de recuperación posterior, un gran pacto de todo o sector da música, con conexións nacionais e internacionais, podería ser un acicate do desenvolvemento económico e social de Galicia nos vindeiros anos.