Aumentan as obras de autores galegos de BD accesibles a través de Internet

O talento galego sube á rede

Os debuxantes galegos suben cada vez maior número de obras a Internet. Fernando Iglesias ten unha páxina con mostras dos seus diversos traballos, desde as BDs que asina como “Kohell” ao humor de prensa que baixo o nome artístico “Orballo” publica de luns a venres no Diario de Pontevedra. Mentres continúa neste mesmo xornal coa revisitación dominical de “Impresiones de la Isla”, xa rematou a súa contribución ao especial de verán da revista Golfiño. Trátase dunha historia muda titulada “Dr. Kubiak” cunha boa dose de humor surrealista. Humor negro e dramatismo caracterizan, por outra banda, o labor de Fernando Ruibal, outro dos grandes talentos de Galicia na actualidade. Na súa páxina en Internet expón máis de cento vinte obras gráficas entre as que se contan ilustracións, caricaturas, cómic e carteis. Por último, tamén con bo sentido cómico, Víctor Rivas, Santy e outros coñecidos debuxantes ofrecen unha visión desenfadada do mundo dos superheroes.

Visita a páxina de Kohell, a de
Ruibal e a dos
super-heroes "erre que erre"