Falece o profesor e escritor Maximino Cacheiro Varela

O autor compilou a súa poesía en galego no volume Mar e lume en 2015

Maximino Cacheiro. Fotografía de Óscar Vázquez. Galipedia. CC BY-SA 4.0 File:Maximino Cacheiro Varela.jpg Creación: 7 de xaneiro de 2016
Maximino Cacheiro. Fotografía de Óscar Vázquez. Galipedia. CC BY-SA 4.0 File:Maximino Cacheiro Varela.jpg Creación: 7 de xaneiro de 2016
Catedrático de Literatura Hispanoamericana na Universidade de Vigo, investigador e escritor, Maximino Cacheiro Varela falecía o pasado venres 29 de maio na Cidade Olívica. Cacheiro foi autor de numerosos ensaios, como Glosario Linguístico sobre Roland Barthes, Diccionario Conceptual Lezamiano, América na poesía galega ou Os escritores galegos e Iberoamérica ademais de realizar diferentes escolmas poéticas como Amor en feminino. Antoloxía das poetas galega, A vellez na poesía galega, O mar na poesía e pintura galegas ou Poemas de amor da Xeración dos 50. Como creador, tendeu pontes entre as letras galegas e as xaponesas co seu cultivo do haiku e cultivou unha importante produción poética que compilou na obra Mar e lume en 2015.