A Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI) acaba de facer público o seu catálogo 2019. Esta selección dos 200 mellores tÃtulos destinados a estes públicos editados ao longo do pasado ano recolle unha importante selección de obras galegas. Segundo apunta a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, estas "son obras que obedecen a criterios de calidade e idoneidade, o que as fai merecedoras de formar parte desta lista de honra por seren consideradas significativas dentro da gran produción existente". O blog Rede Lectura lista un total de 21 obras seleccionadas na nosa lingua, ás que se suman outras nove que, aÃnda que escolleitas para o catálogo noutros idiomas están tamén dispoñibles en galego.