A obra "A cebra Camila", escrita por Marisa Núñez, viaxará durante todo o ano nos transportes públicos madrileños, despois de ser seleccionada para a campaña de animación á lectura "Libro a la calle 2003". Esta iniciativa consiste en que os fragmentos seleccionados de diferentes obras literarias decoran as paredes dos vagóns dos metros, trens e autobuses públicos de Madrid. AsÃ, os viaxeiros poden coñecer de primeira man as obras elexidas.
"A cebra Camila" é a única obra para nenos seleccionada nos sete anos que leva funcionando esta campaña, e compartirá as paredes con autores da talla de Mario Benedetti, Max Aub, Augusto Monterroso ou Rosa Chacel, entre outros.
Máis información en Libros a la calle