O pasado dÃa 20 falecÃa na cidade da Coruña a filóloga, escritora, profesora e tradutora Heidi Kühn-Bode aos 74 anos de idade. De orixe alemán (Baviera, 1945) Heidi levaba desde o ano 1968 asentada en Galicia polo seu matrimonio co galego Emilio GundÃn e a súa escrita orixinal era en lingua galega, facendo posteriormente ela mesma tradución das súas obras a outros idiomas, como á súa lingua xermana nativa á que tamén deitou obras de outros autores galegos, sobre todo de poesÃa. Como autora asinou seis obras en galego de teatro e narrativa, tanto para adultos coma infantil e xuvenil e participou dun volume colectivo de homenaxe á cidade da Coruña, onde residÃa. Recibiu o Premio Estornela da Fundación Xosé Neira Vilas, pola obra Os mundiños en 2003 e en 1978 o Premio Amicus Poloniae da revista Polen, de Varsovia. Entregada ao campo das letras a través das súas diferentes facetas Heidi Kühn-Bode afirmaba, na súa autobiografÃa da Biblioteca Virtual Galega, que a súa verdadeira patria era “a literatura”. A súa obra foi editada polas editoriais BaÃa Edicións, Espiral Maior, Ediciós do Castro, Trifolium (volume colectivo), Bruño e Galaxia.