Non hai moitas declaracións esperanzadoras cara a celebración este verán de actividade cultural musical, razón pola que un comunicado de corte esperanzador como o do festival 17º Ribeira Sacra destaca neste momento. A pesares de que son prudentes á hora de facer afirmacións contundentes, desde a organización do evento previsto para entre o 30 de xullo e o 2 de agosto afirman manter "un certo optimismo para esta edición". As particularidades deste evento en concreto son as que lles serven de base para esa postura grazas aos seus "aforos reducidos e situados en plena natureza". Lembremos que neste particular festival os concertos fanse en miradoiros sobre o Sil, barcos, adegas e en pequenas localidades da zona da Ribeira Sacra. Son conscientes de que a edición deste ano, de celebrarse, terá que ser diferente ao que tiñan pensado con capacidades de público máis reducidas e concertos en formatos máis pequenos pero a celebración da cuarta edición segue adiante arestora aídna que a devolución dos abonos xa se pode solicitar.
Concertos na terraza do Auditorio Mar de Vigo
Seguindo apunta o xornal La Voz de Galicia, tamén en Vigo hai xa unha iniciativa de esperanza para manter a actividade da música en directo este verán. O auditorio Mar de Vigo está xa a preparar un ciclo de concertos en formato acústico a desenvolver a partires do mes de xullo na súa terraza con artistas galegos e dos resto de España. A empresa que xestiona o recinto está a traballar xa nas contratacións para este iniciativa que podería reunir a 400 persoas (dentro das marxes arestora estipuladas para a fin da desescalada) nese espazo de 2.600 metros cadrados, aínda que se o tempo non o permite trasladaríase ao vestíbulo do edificio. Este programa é propio do auditorio a maiores do que poida organizar o Concello vigués.
Os que miran para 2021
Desde que os festivais meirandes (O Son do Camiño e Resurrection fest) xa anunciaron a súa cancelación e adiamento para o 2021 foi constante o goteo de anuncios no mesmo sentido, comezando polo Portamérica (O Caudal Fest de Lugo non tivo que facelo porque non chegara a anunciarse). Nestes días veñen de sumarse a esa lista varias citas musicais xa consolidades. O festival SonRías Baixas de Bueu que chega a convocar a máis de 20.000 persoas xa anunciou que a súa 18ª edición prevista entre o 30 de xullo e o 1 de agosto deste ano vese aprazada ao 2021 entre o 5 e 7 de agosto. A organización chega a esta decisión tras considerar a evolución da crise sanitaria sen precedentes e a "indefinición nas medidas que debemos aplicar os eventos musicais na nova normalidade", din no seu comunicado. O festival xa confirmou tamén ao un do seus cabezas de cartel deste ano para a seguinte edición, o rapero Kase.O.
Non é novidade a cancelación do Ourenrock Sound, cuxa celebración tería lugar aínda dentro do estado de Alarma na última fin de semana deste mes de maio. Pero si o é que a organización do evento xa comunicou as datas nas que pensan de novo convocara aos seus seguidores no 2021,. Aínda que a súa primeira intención era un traslado do evento con mesmo cartel a outubro deste ano, pero afirman que "dada a inseguridade por posibles rebrotes" unida á incerteza de cara as medidas sanitarias que se poidan impor desde o goberno levaron a tomar a decisión de desbotar esa opción. Desde a organización fan unha petición de fidelidade a que non se solicite a devolución das entradas e comprométense a manter o cartel e engadir novos nomes para a quinta edición a celebrar na derradeira fin de semana de maio de 2021.
A decisión do concello de Muros (A Coruña) de suspender todo tipo de eventos multitudinarios deportivos, culturais ou festivos deste verán levou tamén a cancelar o Castelo Rock da localidade costeira. O evento de punk rock apunta tamén xa cara 2021 para a última finde semana do mes de xullo. Tamén na provincia da Coruña o RockinCarballo, que ía celebrar unha edición de homenaxe a Janis Joplin no seu 50 cabodano, ven de anunciar a súa cancelación e asegurar ter a vista posta en voltar no 2021.