Demandan que a Xunta volva apoiar o premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

Entre os asinantes figuran destacados nomes da literatura do país

O premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón foi instituído polo concello de Dodro en 1988 para "honrar a memoria do poeta Eusebio Lorenzo Baleirón e para contribuír á reafirmación da lírica galega tan importante na historia cultural de Galicia". Desde entón, o premio ten galardoado a numerosas figuras da creación poética do país, pero a Consellería de Cultura e Turismo decidiu retirar o apoio económico á vindeira edición. Agora, un manifesto reclama á Dirección de Políticas Culturais da Xunta que "reconsidere a súa postura e continúe apoiando economicamente a celebración do premio para asegurar a súa continuidade". Entre os asinantes están escritores e figuras da cultura como Marilar Aleixandre, Xosé Luís Axeitos, Chus Pato, Xosé Luis Méndez Ferrín, Anxo Angueira, Manuel Lourenzo, Pilar Pallarés, Dolores Vilavedra ou Yolanda Castaño.

Consulta o manifesto.