O pasado mes de decembro, o Colexio Oficial de Xeólogos de España presentaba doce roteiros xeolóxicos e mineiros por Galicia. Este proxecto, apoiado pola Xunta, pretende "difundir a xeoloxía do territorio galego e promover o sector mineiro da comunidade a través da mellora dos seus valores patrimoniais. Este trece de maio, e dentro das actividades que a institución desenvolve ao abeiro do confinamento pola Covid-19, a entidade desenvolver un webinar para dar a coñecer este traballo. A partir das 16 horas da tarde, e mediante a plataforma GotoMeeting, os xeólogos Juan Ramón Vidal Romaní e Eduardo González Clavijo realizarán un achegamento a estas vías mediante un percorrido virtual.
As doce rutas propostas polo Colexio de Xeólogos son as de Maceda, Beariz, Vilanova, Cabo Ortegal, Golfo Ártabro, Ría de Corme e Laxe, Xeoparque Montañas do Courel, Praia das Catedrales, Cova Eirós-Triacastela, Guitiriz, Vila de Cruces e Río Miño. O web da entidade ten dispoñibles dípticos en formato pdf con información sobre cada percorrido.