Morre o musicólogo Xosé López Calo

Era especialista na música antiga galega

Era especialista na música antiga galega
Xosé López Calo
Onte finou en Salamanca o sacerdote e xesuíta Xosé López Calo, un dos máis reputados musicólogos galegos en activo e unha destacada figura internacional neste ámbito historiográfico. O padre Calo nacera en Nebra en 1922 e era catedrático emérico da USC, onde exercera como catedrático de Historia da Müsica. Fora un dos promotores da reconstrución dos instrumentos do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago e era un especialista nos arquivos musicais das catedrais do país. Cunha longa traxectoria en publicacións de ámbito galego, español e internacional, considerábase unha notable figura no ámbito dos estudos musicolóxicos.