Ante a previsión dun outono cultural quente pola concentración nesa época dunha grande cantidade de eventos e actividades aprazadas, desde os festivais audiovisuais tamén chegan novidades e anuncios na súa toma de posicións e reclamo de sitio. O festival de curta de VilagarcÃa, ademais de confirmar xa a súa previsión de celebración entre o 23 de outubro e o 1 de novembro, anuncia tamén un cambio de denominación na que ser´`a a súa 48ª edición. O evento pasa a denominarse Festival do Imaxinario e, malia que manterá a atención ao cine como bandeira, asume tamén a súa proposta multidisciplinar con outras propostas artÃsticas como a ilustración e a banda deseñada, a literatura ou mesmo a música na súa programación. Estas outras expresións xa tiñan cabida no evento desde 2016 pero agora, con este cambio a organización quere facer visible a súa aposta e de converterse "nun motor da imaxinación e nun estÃmulo para a creatividade, tratando de transformar as ideas e trocar as realidades", segundo comunican. O festival presentará producións fantásticas de todo o mundo, que en moitos casos serán de rigorosa estrea no noso paÃs, sen deixar de lado outros xéneros que se poderán desfrutar na sección do mesmo tÃtulo.
Coa celebración do seu 25º aniversario por diante, o Ourense Film Festival tamén saÃu a confirmar o seu mantemento nas datas programadas entre 25 de setembro e 3 de outubro. O evento , coorganizado entre a Deputación de Ourense e a Fundación Carlos Velo, fará públicas as primeiras propostas para a vindeira edición nuns dÃas, pero xa adiantou para o xornal La Región a súa intención de que sexa esta “unha das máis especiais da historia do certame”. Este ano a produción galega se verá potenciada cun premio propio, o Premio Galicia- Xacobeo, dotado con 12.000 euros, como apoio ao sector audiovisual neste intre.
Para o 28 de outubro está prevista en Vigo a celebración da que será a terceira edición do Galician Freaky Film Festival, esta cita co xénero de terror e fantástico, ademais de confirmar a súa previsión de datas ven de lanzar un certame propio para estas circunstancias confinadas. O evento convoca en Curta ou Susto a presentar pezas de 30 segundos, feitas na casa, que busquen cando menos provocar un arrepÃo. A convocatoria está aberta ata o 30 de maio.