
Ademais, oito de cada dez persoas consideran no noso paÃs que "aprender portugués ten ningunha ou pouca dificultade" e "existen unhas boas actitudes xerais por parte da poboación galega cara ao idioma portugués", segundo o estudo. Isto reflÃctese no dato de que seis de cada dez galegos apoian "unha intervención pública máis decidida, como que a Xunta fomente a aprendizaxe desa lingua", e ata dous terzos da poboación entrevistada "verÃan ben ou moi ben que houbese unha materia de portugués". Fronte a isto, "menos de dúas de cada dez das persoas entrevistadas saben da existencia da chamada Lei Paz Andrade e de que a posibilidade de estudar a lingua do paÃs veciño existe xa no ensino secundario", salienta o estudo.
Dos datos que apunta o informe é de destacar un maior interese e unha percepción máis positiva cara á lingua lusa entre a poboación máis nova. Segundo apunta o texto, "en xeral, apréciase unha actitude máis positiva cara ao portugués canto menor idade teñen as persoas entrevistadas, canto maior é a súa formación, o seu coñecemento de idiomas estranxeiros en xeral e portugués en particular, as súas competencias en galego, o seu nivel de ingresos, o seu sentimento galeguista e a súa frecuencia de viaxe a Portugal".
Entre as percepcións menos positivas, cómpre apontar a idea de que só o 54% da poboación considera "útil ou bastante útil" o coñecemeno desta lingua.