Quiosco: Terra de Outes, número 50

A revista aborda o patrimonio e a cultura local do norte da ría de Muros

A revista aborda o patrimonio e a cultura local do norte da ría de Muros
Cuberta do número 50 de Terra de Outes
A Asociación Cultural Terra de Outes presentou virtualmente o número 50 da súa revista homónima. O número, presentado polo presidente da entidade, Xoán Xosé Mariño Reino, incrementa a súa paxinación e ofrece unha cuberta especial realizada polo pintor Alfonso Costa. Entre os artigos deste número, sobrancean os dedicados a historia, a cargo de Xan García, que aborda a información ofrecido polo Catastro de Ensenada para a comarca; Mingucho Campos detalla estaleiros antigos do concello e Xoán Xosé Mariño estuda a igrexa de Santa María de Entíns no seu 300 aniversario.

Xoán Xosé Mariño Reino presenta o número 50: