As exposicións tamén enchen os andéis dixitais

Museo Etnolóxico de Ribadavia, CGAC e Cidade da Cultura ofrecen descargas de catálogos das súas mostras

Catálogo
Catálogo "Pensar coas mans" do Muso Cidade da Cultura
Igualmente que o resto das manifestacións culturais, as exposicións, e as institucións que as organizan, están a buscar os diferentes xeitos de achegarse á ciudadanía neste escenario de distanciamento. Se xa son varias as opcións de percorrido virtual de salas tamén o están a ser a liberación na rede de catálogos destas mostras en formatos dixitais. Hoxe sinalamos tres destes casos máis recentes que xa están ao dispor do público. Nalgúns casos eran catálogos xa existentes pero tamén hay novidades editoriais. Ese é o caso do catálogo acabado de saír do prelo, da exposición In Landscape Mode, de Christian Villamide para o Centro Galego de Arte Contemporánea. Con 128 páxinas e presentado en galgo, castelán e inglés esta publicación é unha invitación a reflexionar, en tempos de crise, sobre a relación dos seres humanos coa natureza.

pe de foto
pe de foto
Aproveitando onte o gallo do Día Internacional do Libro, o Museo Etnolóxico de Ribadavia, liberou tamén en Internet a versión dixital do catálogo da súa importante mostra Colección Abrente. Arte galega no desafío cultural dos `70. A mostra, que amosa as conexións da arte contemporánea coa mobilización cultural desa década, sobre a que Cultura Galega.gal fixo unha reportaxe en profundidade (pódese consultar nas ligazóns desta nova). O volume amosa a importancia do fondo documental desta Agrupación Cultural ribadaviense, ademais da entrevista que a comisaria da exposición, Sabela Fraga, lle realizou a cinco integrantes da Agrupación entre outros contidos.

O Gaiás difunde outra publicación
A Cidade da Cultura de Galicia ven tamén de engadir ao seu Andel Virtual un novo catálogo ás opcións de descarga de balde nas que xa tiña o da recente exposición Galicia, un relato no mundo. Agora desde o Gaiás ofrecen a publicación do catálogo da mostra Pensar coas mans do Museo Centro Gaiás, na que a través de 250 pezas de cestería, cerámica e xoiería se amosou e reivindicou este elemento diferenciador e de prestixio da artesanía de Galicia fronte ao impersionalismo das copias de serie de produción industrial. A exclusiva publicación, cunha tioraxe en papel de 800 exemplares, ofrece 532 páxinas en galego e castelán e xa pode consultarse en liña.